publicidade hoxe

O Rosal recibe 65.000 euros do Plan Concellos e completa o financiamento de medio millón de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO RosalPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a achega de 65.201,09 € ao concello do Rosal para a execución dun muro de contención e de mampostaría no lugar do Morán, na parroquia de San Miguel de Tabagón. Esta actuación intégrase na liña 1, investimento, do Plan Concellos provincial do exercicio 2016.

As axudas do Plan Concellos ao Rosal concrétanse en 266.466,61 € (liña 1) para a adquisición dun tractor-grúa, a impermeabilización do depósito de auga potable na Buraca, a restauración das cubertas de varios edificios municipais e a pulimentación do terrazo no CPI da Mata. Por outra banda, 47.673,35 € (liña 2) para gastos correntes, 19.288,52 (liña 3) para a Festa do Cabaqueiro e a Feira do Viño do Rosal e, xa en último lugar, 115.731,17 € na liña 4 de emprego para a contratación de 16 traballadoras e traballadores que desenvolven as súas profesións nos servizos municipais.

O 100% do investimento no Rosal por parte do Plan Concellos do Goberno provincial supón que a Deputación destinou a cantidade de 514.360,74 € nesta vila soamente no que atangue a este plan provincial.

1 de xullo de 2016 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.