publicidade hoxe

O delegado do Goberno vincula o ataque os Xulgados de Betanzos con grupos anarquistas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+
Europa Press

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, vinculou a “grupos anarquistas” o ataque con cócteles molotov acontecido a primeira hora deste mércores nos Xulgados de Betanzos (A Coruña).

En declaracións aos medios en Lugo, Villanueva confirmou que “catro artefactos” do tipo de “cócteles molotov” foron lanzados a primeira hora da mañá ao edificio dos xulgados, producindo “danos menores”. “Dos catro que lanzaron estouparon e arderon dous, e dous quedaron sen estoupar” detallou.

O delegado do Goberno recordou que a investigación a leva a Garda Civil, aínda que apuntou que “todo parece indicar, sen descartar ningunha hipótese” que se trata de “grupos anarquistas”.

De feito, Villanueva recordou que xa se produciu outro incidente de “características similares no ano 2011”, concretamente no mes de febreiro, cando un artefacto incendiario foi lanzado tamén á ventá do despacho do forense destes xulgados. O ataque foi reivindicado por un grupo anarquista en solidariedade con presos do movemento de Chile e Grecia.

Neste caso, o delegado confirmou que “as liñas de investigación van por ese camiño”, aínda que corresponderá aos investigadores da Policía Xudicial e da Científica establecelas, apuntou. “Non hai nada descartado, pero todo parece indicar, segundo os datos que se dispoñen neste momento, que van por ese camiño”, apostilou.

13 de xullo de 2016 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.