publicidade hoxe

O convenio colectivo do persoal da Deputación recolle melloras en atención as víctimas de violencia de xénero e novas medidas en conciliación familiar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O deputado de Réxime Interior e Persoal, Carlos López Font, subliñou hoxe en rolda de prensa que o goberno provincial quixo levar ao convenio colectivo do persoal da Deputación de Pontevedra aquelas iniciativas que defenden a nivel político como son a conciliación familiar, a loita contra a violencia de xénero e a dignificación da labor dos funcionarios.

“A Deputación –destacou López Font- ten a obriga de lanzar unha mensaxe á sociedade ao ser os primeiros que defendemos as políticas de igualdade asumíndoas dentro do convenio colectivo”.

O deputado provincial indicou que este novo acordo laboral, que mañá será abordado no pleno ordinario, conta co respaldo de todos os sindicatos tras a negociación dende o pasado mes de decembro e con todos os grupos da corporación provincial xa que foi aprobado por unanimidade na comisión informativa.

Unha das suxerencias, que López Font destacou como das máis importantes, é a feita pola deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, para añadir que nas licencias ao persoal funcionario se contemple a prestación ao cen por cen dende o primeiro día motivada pola situación física ou sociolóxica derivada dalgún episodio de violencia de xénero.

Outro dos compromisos políticos adquiridos coa representación sindical é, cumprindo coa lexislación laboral, será o estudo da posibilidade de ir repoñendo ate os nove os días de libre disposición dos traballadores “algo que podería facerse xa se a Xunta de Galicia, que é quen ten as competencias, o decreta de xeito inmediato”.

Igualmente, Carlos López Font destacou o compromiso de dar estabilidade na contratación laboral que se fai na Deputación, dentro do máximo que permite a lexislación laboral, para que se achegue ao ano de duración.

As adaptacións que se plántana do acordo laboral con respecto ás xornadas laborais dos funcionarios van son a percepción íntegra das retribucións e ata a metade da xornada de traballo diario para atender ó coidado do/a cónxuxe ou parella de feito, así como familiar de primeiro grao de consanguinidade por razón de enfermidade moi grave e para atender ó coidade dun fillo menor de idade que padeza cancro ou calquera enfermidade grave que implique hospitalización de longa duración (como máximo ata que o menor cumpra 18 anos).

Con diminución proporcional das retribucións: Redución de entre ½ e 1/8 para o coidado de menores de 12 anos por razóns de garda legal e para coidado de cónxuxe ou parella de feito ou familiar de ata o 2º grao de consanguinidade que, por accidente ou enfermidade, non se poida valer por si mesmo. Tamén poderán reducir a xornada (9:00 a 14:00) o persoal con postos con nivel de complemento igual ou inferior a 28 percibindo o 75% das súas retribucións.

No que respecta á flexibilidade laboral a todo o persoal, realizando o seu traballo nun horario fixo de entre as 9,00 e as 14,30 e permitindo completar a xornada entre as 7,30 e 20,00 horas.

Para poder conciliar, permitirase que as e os traballadores e traballadoras con fillas/os, maiores a cargo, persoas con discapacidade, enfermidade grave de familiar ata o segundo grao, así como aqueles con fillos/as menores de 12 anos que lles impida asistir ó centro escolar segundo prescrición médica, aqueles con fillas/os que inicien gradualmente as actividades lectivas, aquelas/es con xornadas especiais e réxime de quendas, as e os que finalicen o tratamento de radioterapia ou quimioterapia e aquelas/ou inmersos en procesos de nulidade, separación ou divorcio, poidan realizar o seu traballo nun horario fixo de 9,30 13,30 ou de 10,00 a 14,00 e completar a xornada en horario comprendido entre as 7,30 e 20,00 horas.

Na aplicación da política de violencia de xénero os funcionarios poderán reducir a súa xornada ou reordenen o tempo de traballo para facer efectiva a súa protección ou dereito a asistencia social integral. Tamén inclúese un permiso especial por violencia de xénero é a maiores, completamos a prestación económica de ata o 100% da súa retribución nos casos de incapacidade temporal por continxencias comúns, motivada pola situación física ou psicolóxica derivada da violencia de xénero.

28 de xullo de 2016 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.