publicidade hoxe

Moaña acollerá o busto de Rosalía de Castro realizado na Escola de Cantería da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoañaPontevedra
A-
A+

Este xoves 14 de xullo, ás 20:30 horas, terá lugar a inauguración do busto de Rosalía de Castro realizado dende a Escola de Cantería, entidade dependente da Deputación de Pontevedra, e que acollerá o Centro Sociocultural de Domaio, no concello de Moaña. Á inauguración asistirán a deputada provincial de Emprego, Montserrat Magallanes, e o deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios.

O Centro xa contaba anteriormente cun busto de Rosalía de Castro, realizado en bronce, que desapareceu durante a realización das reformas do edificio, quedando unicamente a peaña sobre a que se sostiña. A peza que a vai substituír foi elaborada polo alumno da Escola de Cantería Daniel Acuña Mariño, ten un tamaño de 65 centímetros e foi realizada con granito galego.

Deste xeito, a institución provincial quere aportar o seu gran de area no legado dunha das figuras máis relevantes da historia da cultura e a literatura galegas que foi, ademais, precursora do movemento feminista e deixou frases como a seguinte: “porque todavía no les es permitido a las mujeres escribir lo que sienten y lo que saben” no prólogo da súa primeira novela, “La hija del mar” en 1859.

13 de xullo de 2016 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.