publicidade hoxe

Medio Rural e o Concello de Boqueixón colaboran no deseño e desenvolvemento de concentracións parcelarias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixón
A-
A+
Ángeles Vázquez na reunión co alcalde de Boqueixón

Ángeles Vázquez na reunión co alcalde de Boqueixón

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse hoxe co alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, para avanzar na colaboración entre a Xunta e o Concello en materia do deseño e desenvolvemento de concentracións parcelarias neste municipio.

Neste sentido, a titular de Medio Rural comprometeuse a estudar, a petición do rexedor, a posibilidade de iniciar o proceso de concentración das parroquias de Sergude, Lamas, Vigo e Loureda.

Pola súa banda, o alcalde asumiu o compromiso de seguir achegando á Consellería do Medio Rural a documentación e os datos precisos para iniciar a devandita parcelaria, sempre cumprindo os prazos e esixencias legais pertinentes.

26 de xullo de 2016 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.