publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente rehabilitará a estrada que conduce ao centro escolar de Guntín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuntín
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio levará a cabo a rehabilitación da estrada que conduce ao centro escolar do concello de Guntín.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Guntín, Jesús Carreira, asinaron hoxe o convenio de colaboración que permite a licitación desta actuación, á que o departamento autonómico destinará 60.000 euros.

Segundo o documento técnico presentado polo concello, os obxectivos principais dos traballos pasarán por mellorar a accesibilidade da estrada que conduce ao centro escolar, que parte da N-540 e enlaza coa LU-P 2409. Posto que se trata dunha estrada que presenta un considerable estado de deterioro debido a súa antigüidade.

En concreto, as actuacións consistirán na reparación e substitución de lousa hidráulica nas beirarrúas e na reparación do pavimento da calzada.

Plan Hurbe

O Plan Hurbe é un programa de actuación que a Xunta impulsou en 2010 para dar resposta á necesidade de humanización das vilas de Galicia. Tendo en conta o modelo social de integración cidadá, busca o achegamento dos entramados urbanos aos seus habitantes mediante a adecuación e creación de espazos públicos para as necesidades vixentes.

Para iso, o Plan Hurbe inclúe tres programas de actuación: humanización das rúas, urbanización e mellora de espazos públicos; e equipamentos públicos, referidos especialmente aos de carácter cultural e social.

Ao abeiro deste Plan, téñense executado 105 actuacións, cun investimento total de 112 millóns de euros. Para este ano, o investimento para toda Galicia ascende a uns 11 millóns de euros: 6 millóns previstos nos orzamentos, máis unha ampliación de 5 millóns grazas ao orzamento recibido polo cumprimento da comunidade autónoma co déficit.

29 de xullo de 2016 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.