publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente executará as obras de saneamento en Santa Marta no Concello de Baiona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaiona
A-
A+
Beatriz Mato na sinatura do convenio co alcalde de Baiona

Beatriz Mato na sinatura do convenio co alcalde de Baiona

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, executará as obras de mellora do saneamento en Santa Marta no Concello de Baiona. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Baiona, Ángel Manuel Rodal Almuíña, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para a posta en marcha desta actuación hidráulica.

Tal e como se recolle no texto do convenio, Augas de Galicia achegará un importe de 115.000 euros, polo que o seguinte paso será licitar as obras, coa previsión de iniciar as mesmas ao longo deste ano.

As obras consistirán na instalación dun novo pozo de bombeo de augas residuais na parroquia de Santa Marta, que substituirá o actual bombeo –duplicando a capacidade- e evitará posibles vertidos e alivios.

A conselleira de Medio Ambiente sinalou que esta actuación é moi importante para esta zona do Concello de Baiona, porque na actualidade se producen alivios de augas residuais ao cauce público dende o pozo de bombeo.

Para rematar, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destacou que a Xunta seguirá apostando pola máxima colaboración cos concellos galegos para a posta en marcha infraestruturas e servizos que melloren a calidade de vida dos cidadáns e cidadás.

1 de xullo de 2016 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.