publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente e Concello de Celanova asinan o convenio para mellorar as redes de abastecemento e saneamento locais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+
Reunión da conselleira de Medio Ambiente e o alcalde de Celanova

Reunión da conselleira de Medio Ambiente e o alcalde de Celanova

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinou hoxe co alcalde de Celanova, José Luis Ferro, o convenio de colaboración que permitirá mellorar as redes de abastecemento en Feal e Casetas de Ansemil.

Os traballos contarán cun orzamento de 360.000 euros a distribuír entre este ano e o seguinte, e que estará cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

Actualmente, os núcleos de Feal e Casetas de Ansemil non dispoñen de rede de saneamento e a rede de abastecemento non se atopa nun estado satisfactorio. Por este motivo, executaranse novas rede de saneamento e abastecemento, que se conectarán ás xa existentes, para dotar destes servizos ás vivendas emprazadas na zona.

Ao remate da sinatura, Mato destacou que a Xunta seguirá apostando pola máxima colaboración cos concellos galegos para a posta en marcha infraestruturas e servizos que melloren a calidade de vida dos cidadáns e cidadás.

14 de xullo de 2016 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.