publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente destina 350.000 euros á mellora do saneamento no núcleo do Baleo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrtigueira
A-
A+
Beatriz Mato na sinatura do convenio co alcalde de Ortigueira

Beatriz Mato na sinatura do convenio co alcalde de Ortigueira

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, destina case 350.000 euros (341.043,96 €) ás obras de saneamento e depuración no Baleo, no Concello de Ortigueira.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Ortigueira, Juan Vicente Penabad, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o concello, polo que se garante a execución desta actuación que será cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural Galicia 2014-2020.

As obras consisten no saneamento e depuración no Baleo, xa que na actualidade un grupo de poboación deste núcleo da parroquia de Ladrido carece de servizo de saneamento debido á particular orografía da zona e o carácter diseminado da poboación.

Con esta actuación preténdese dotar do servizo de saneamento de augas residuais ás vivendas do citado núcleo O Baleo; posibilitando, a futura conexión das vivendas doutros núcleos colindantes, e incluíndo, por un lado, a rede de colectores necesarios para a evacuación das augas fecais, e por outro, a instalación dunha estación depuradora de augas residuais que garanta unha depuración suficiente previa ao vertido ao río Baleo.

Tras a sinatura do convenio, Augas de Galicia pode proceder á licitación desta obra pública e, de manterse as previsións, iniciar as obras este mesmo ano.

Para rematar, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destacou que a Xunta seguirá apostando pola máxima colaboración cos concellos galegos para a posta en marcha infraestruturas e servizos que melloren a calidade de vida dos cidadáns e cidadás.

4 de xullo de 2016 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.