publicidade hoxe

Marisol Díaz supervisa as obras de reforzo de firme na estrada de Valdepereira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadavia
A-
A+
Marisol Díaz na visita á estrada na que se acometeu a mellora

Marisol Díaz na visita á estrada na que se acometeu a mellora

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de executar na travesía de Valdepereira, no concello de Ribadavia, traballos de reparación de firme. Esta actuación forma parte dun paquete máis amplo de obras que inclúe o reforzo de firme en varias estradas autonómicas ao seu paso polos concellos de Leiro, Cea e O Carballiño e que foron adxudicadas por un orzamento de preto de 365.000 euros á empresa Acoval.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, comprobou esta mañá o remate destes traballos realizados na travesía de Valdepereira que consistiron no fresado e reposición do firme deteriorado e a execución dunha nova capa de rodaxe ao longo de 300 metros. “O obxectivo é mellorar o firme desta travesía gañando en seguridade viaria, para o que se levarán a cabo actuacións sobre o firme que permiten mellorar as súas características actuais”, explicou Díaz Mouteira, quen destacou o esforzo que está a realizar o Goberno galego para manter nun bo estado de conservación as estradas da súa titularidade.

O contrato de adxudicación destas obras fixa un prazo de execución de 6 meses dende o seu inicio e inclúe tamén actuacións nas estradas OU-209 e OU-188, ao seu paso por Leiro; na OU-187, na travesía de Cea; e, por último, na OU-172, no Carballiño.

Como complemento á reparación do firme deteriorado e segundo as necesidades, levaranse a cabo outro tipo de traballos de conservación ordinaria que permitirán mellorar as condicións actuais destas estradas que inclúen a mellora da drenaxe existente, o recrecido de tapas de pozos afectados polas obras e a execución de barreiras de seguridade.

As obras de mellora do firme trasladáronse hoxe a O Carballiño na estrada OU-172 , vía de saída ao Irixo e a Leiro, coa limpeza das marxes e as cunetas na OU-188 . Unha vez rematados estes traballos, proseguiranse as obras de mellora do aglomerado na estrada OU-209 de Leiro, para finalmente trasladarse a Cea e actuar na OU-187, na travesía da capitalidade.

A delegada territorial indicou que a Consellería de Infraestruturas continúa a traballar na conservación e mellora das estradas da Xunta de Galicia para que estean en óptimas condicións, incidindo na seguridade viaria e na comodidade na condución.

4 de xullo de 2016 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.