publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Localizan nun río de Tomiño o cadáver dun veciño que saíra a pescar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosTomiño
A-
A+
Europa Press

Un familiar localizou a última hora deste martes nun río o cadáver dun veciño do municipio pontevedrés de Tomiño que saíra a pescar e que non regresou ao seu domicilio.

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, un familiar do home estrañouse da súa tardanza e saíu a buscalo ao río Furnia, onde acudira a pescar, en torno ás 22,00 horas.

Ao cabo dun tempo, o familiar localizou o corpo do home flotando no río nunha zona de pouco caudal e deu o aviso aos servizos de emerxencias.

Para rescatar o corpo foron mobilizados voluntarios de Protección Civil, bombeiros do parque de Baixo Miño e membros do GES de A Guarda. Persoal sanitario do 061 confirmou posteriormente o falecemento do home.

13 de xullo de 2016 | 11:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.