publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Lanzan catro cócteles molotov contra o edificio dos Xulgados de Betanzos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzosLocal PortadaPortada esquerdaSucesos
A-
A+
Europa Press

O edificio dos Xulgados de Betanzos (A Coruña) foi obxecto dunha agresión a primeira hora deste mércores, tras sufrir o impacto de catro artefactos incendiarios tipo cócteles molotov, que foron lanzados contra unha das ventás.

Fontes de emerxencias confirmaron que a alerta se recibiu sobre as 7,00 horas da mañá deste mércores, ao detectarse un pequeno incendio no edificio, aínda que os artefactos foron lanzados con anterioridade.

Segundo indicaron fontes da Garda Civil, as lapas tiveron a súa orixe nun total de catro “artefactos incendiarios” que foron botados contra dúas ventás do inmoble e que contiñan unha mestura de gasóleo e aceite. Como consecuencia, ambas as dúas resultaron rotas e unha das ventás comezou a arder.

Ata o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Betanzos, que extinguiron as lapas, de escasa consideración, e ventilaron en edificio, afectado polo fume.

Axentes da Policía e da Garda Civil tamén compareceron na zona, que está acordoada, para investigar o sucedido e tratar de esclarecer os feitos. No edificio apareceu tamén unha pintada con queixas acerca da ausencia de xustiza sobre un debuxo dun misto ardendo.

13 de xullo de 2016 | 11:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.