publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Interceptan en Teo un vehículo que transportaba material pirotécnico de forma ilegal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosTeo
A-
A+
Europa Press

Efectivos da Garda Civil interceptaron na localidade coruñesa de Teo a un vehículo que transportaba de forma “ilegal” diverso material pirotécnico, sen autorización, seguro nin ITV.

Segundo informou o corpo, os axentes déronlle o alto mentres circulaba pola estrada N-550. Tras ser solicitada a documentación do vehículo, mercadoría e autorización ao condutor para realizar actividade de manipulador destes produtos, este non achegou ningún.

Ademais, o vehículo carecía de ITV en vigor e de seguro, así como de certificado para o transporte de mercadorías perigosas (ADR) e de extintor. Tampouco acreditou a carta de porte que indicase a orixe, destino, tipo e cantidade de mercadoría perigosa transportada.

Por orde da Intervención de Armas e explosivos de Santiago de Compostela interveuse todo o material, que foi trasladado a unha polvoreira debidamente autorizada e homologado.

A persoa responsable do transporte, e que está a ser investigada por estes feitos, é un home de 56 anos de idade e con domicilio en Teo.

12 de xullo de 2016 | 12:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.