publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Falecen afogados dous bañistas en praias de Nigrán e Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNigránPortada dereitaRiveiraSucesos
A-
A+
Europa Press

As praias galegas sufriron unha xornada negra este domingo, con dous bañistas falecidos ao longo da xornada en dous sucesos ocorridos na praia da Madorra, en Nigrán (Pontevedra), e na de O Vilar, en Riveira (A Coruña).

Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o primeiro dos sucesos ocorreu pouco despois das 18,00 horas na praia da Madorra, en Paxón, cando un particular solicitou asistencia para un home que acababa de sacar da auga, onde flotaba boca abaixo.

Até o lugar mobilizáronse de inmediato efectivos de Protección Civil, GES, Policía Local e socorristas de Nigrán. Asismimo, foi desprazado un helicóptero medicalizado do 061 con persoal sanitario que, con todo, só puido certificar a morte do bañista, de 63 anos.

Por outra banda, sobre as 20,45 horas, o helicóptero Pesca I rescatou a outro bañista que non podía saír da auga na praia de O Vilar, en Riveira (A Coruña), tras ser arrastrado pola corrente.

A aeronave trasladou á vítima, de 22 anos, ao Hospital do Barbanza, aínda que non se puido facer nada por salvar a súa vida. No operativo participaron tamén unha embarcación de Salvamento Marítimo, Policía Local, efectivos do 061 e Protección Civil.

4 de xullo de 2016 | 10:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.