publicidade hoxe

Extinguido o incendio de Lalín e controlados os de Lobios e Ribas de Sil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLobiosRibas de SilSucesos
A-
A+
Europa Press

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido o incendio forestal que afectaba dende o mediodía deste luns ao concello pontevedrés de Lalín, na parroquia de Lebozán.

Segundo a información da Xunta, o lume iniciouse sobre as 13,16 horas e quedou extinguido pasadas as 1,30 horas da madrugada, tras queimar unhas 21,25 hectáreas, 21 de monte raso e 0,25 de arborado.

Na extinción deste lume participaron un técnico, cinco axentes, 15 brigadas, sete motobombas, 1 pa e seis helicópteros.

Por outra banda, atópase controlado dende as 23,25 horas do luns o lume iniciado na parroquia de Torno, no concello ourensano de Lobios.

O incendio, que se iniciou sobre as 14,30 horas do luns, leva queimadas unhas 39 hectáreas. Nos labores de extinción participan un técnico, seis axentes, 17 brigadas, 11 motobombas, unha pa e sete helicópteros.

Finalmente, tamén está controlado o incendio forestal iniciado ás 15.45 horas de luns en Ribas de Sil (Lugo), concretamente na parroquia de San Clodio.

Nos labores de extinción deste lume, dunhas 18 hectáreas, traballan dous técnicos, seis axentes forestais, 13 brigadas, seis motobombas, unha pa e sete helicópteros. Dáse a circunstancia de que un total de 5 operarios resultaron feridos na extinción deste lume, un deles, aínda ingresado, de carácter grave.

19 de xullo de 2016 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.