publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dúas persoas feridas nun accidente de tráfico en Ponteareas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareasSucesos
A-
A+
Europa Press

Dúas persoas resultaron feridas na mañá deste martes nun accidente de tráfico rexistrado na localidade pontevedresa de Ponteareas, onde chocaron un turismo e un camión. Segundo a información do Centro de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 9,00 horas na autovía A-52, en dirección a Ourense.

Até o lugar do suceso desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Ponteareas, así como da Garda Civil de Tráfico. Os dous feridos, que foron trasladados a un centro sanitario polo 061, tiveron que ser excarcerados polos Bombeiros.

Por outra banda, un motorista resultou ferido nun accidente de tráfico rexistrado sobre as 11,00 horas na saída 9 da A-55, en Mos (Pontevedra).

5 de xullo de 2016 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.