publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Deteñen a un home como presunto autor de tres incendios forestais intencionados en Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousameSucesos
A-
A+

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica en Santiago informaron esta mañá da detención do presunto autor de tres incendios forestais intencionados nos que arderon máis de 3.500 metros cadrados de monte no concello coruñés de Lousame.

Os incendios rexistráronse o 4 de maio, o 29 de xuño e o 5 de xullo, respectivamente, na parroquia de Fruime, en Lousame, unha zona considerada como unha das de maior actividade incendiaria. Estes incendios rexistraron as mesmas características e modus operandi tanto nas franxas horarias, como nos medios empregados para causalos.

Nas tarefas de extinción como de investigación, contouse coa importante colaboración dos Servizos de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia, Distrito Forestal IV. Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en funcións de garda de Noia.

Na actual campaña antiincendios, a Policía autonómica xa leva investigadas a trinta e unha persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.

19 de xullo de 2016 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.