publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Deteñen a tres veciños de Cangas por incitar ao odio e a violencia nas redes sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasLocal PortadaPontevedraPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil detivo tres veciños de Cangas do Morrazo (Pontevedra) de 23 e 26 anos acusados de incitar ao odio e a violencia contra políticos, vítimas de terrorismo e os corpos de seguridade do Estado, a través de publicacións en redes sociais.

Segundo informou o Instituto Armado, os arrestos leváronse a cabo na mañá deste mércores no marco da ‘Operación Tarántula’, coordinada polo fiscal delegado para delitos de odio en Pontevedra e desenvolvida polo Grupo de Información de Pontevedra co apoio técnico do Servizo de Información central en Madrid.

En concreto, os investigacións comprobaron que tres individuos difundiran a través das redes sociais Facebook e Twitter publicacións nas que se incitaba “de forma clara e directa” ao odio e a violencia fundamentalmente cara a políticos, vítimas do terrorismo e as forzas e corpos de seguridade do Estado.

A raíz destes contidos, procedeuse á identificación e a posterior detención destes usuarios, A.G.B., de 23 anos; B.L.P., de 26; e A.C.R., de 26, todos eles veciños de Cangas do Morrazo, que serán postos a disposición do Xulgado de Instrución número tres do municipio, a cargo das dilixencias.

13 de xullo de 2016 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.