publicidade hoxe

Deputación de Pontevedra e Concello do Grove reclaman á Xunta que inclúa á localidade nos servizos de emerxencias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO GrovePontevedra
A-
A+

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o alcalde do Grove, José Cacabelos, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a financiación do grupo de emerxencias local no que tamén intervén a Xunta de Galicia.

José Cacabelos agradeceu a Carmela Silva o seu traballo para acadar que o vicepresidente da Xunta aceptara a financiación deste servizo dado que o concello en solitario non podía manter o equipo de trece persoas sen algún tipo de axuda.

De feito o alcalde do Grove reclamou á Xunta que “ten que tomarse en serio as emerxencias na provincia” e darlle a consideración de provincial ao servizo da súa localidade dada a importancia, sobre todo, nos meses do verán da poboación atendida.

Neste extremo incidiu tamén a Presidenta da Deputación quen salientou que O Grove se merece a mesma consideración que outros concellos de toda Galicia “sen ten que firmar un convenio de carácter especial co concello” para ter un servizo de emerxencias acorde coas súas necesidades “xa que O Grove cumpre con todas as características para dispor del”.

Carmela Silva reclamou á Xunta, na figura do seu vicepresidente Alfonso Rueda que sente a negociar a os concellos e as deputacións para estudar as verdadeiras necesidades en materia de emerxencias e socorrismo nas praias para analizar a situación, cales son as necesidades dos concellos e as súas demandas e establecer un servizo de emerxencias que cumpra coa realidade.

A Presidenta da Deputación salientou que “a Xunta ten que tomarse moi en serio o tema das emerxencias e atención de salvamento nas praias para poder manter en Galicia as bandeiras azuis e o máximo nivel turístico”.

O convenio rubricado esta mañan contempla unha achega de 125.021,38 euros para manter o servizo local de emerxencias de O Grove entre o 1 de abril e o 30 de setembro deste ano. Desta cantidade a Xunta aporta o 26,67 por cento da cantidade total que ascende a 33.343,32 euros; a Deputación de Pontevedra o 33,33 por cento coa cantidade de 41.669,78 euros; e o concello de O Grove o 40 por cento restante e coa cantidade de 50.008, 73 euros.

O servizo de emerxencias local está composto por doce persoas, das cales tres so capataces e o resto operarios e atenden dende incendios, accidentes a outro tipo de emerxencias.

26 de xullo de 2016 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.