publicidade hoxe

Cores Tourís analiza co rexedor de Bueu as necesidades das estradas PO-551 e da PO-313

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+
Cores Tourís na reunión co alcalde de Bueu

Cores Tourís na reunión co alcalde de Bueu

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá unha reunión co alcalde de Bueu, Félix Juncal, con quen analizou as melloras que se van a executar nas estradas PO-551 (Marín-Rande) e a PO-315 (Bueu-Cangas-Aldán).

NO caso da PO-551, segundo apuntou o delegado territorial, finalizaranse as obras de reparación a consecuencia dos temporais vividos este inverno, así como se construirán muros de contención na zona da praia de Lapamán. Tamén se reporá a sinalización horizontal, incluíndo a instalación de dous pasos de peóns no tramo da praza de Agrelo e se renovará a sinalización vertical na intersección coa PO-315.

Finalmente, nesta estrada tamén se fará o traslado das barreiras na zona de beirarrúas ou a súa substitución por outro sistema de contención para mellorar a seguridade viaria de vehículos e peóns.

No caso da PO-315, José Manuel Cores Tourís trasladoulle a Félix Juncal a decisión da Xunta de eliminar un paso de peóns no inicio de Beluso de Arriba, “seguindo a demanda do propio grupo de Goberno”.

A maiores, realizarase un estudo topográfico co obxectivo de analizar a posibilidade de continuación da senda ou das beirarrúas na travesía de Beluso de Arriba en dirección a Aldán, no núcleo de Vilar polo marxe esquerdo. “Unha vez que o estudo estea rematado trasladarémolo ao concello de Bueu para que éste poña a disposición os terreos necesarios para a execución da obra”, rematou o delegado territorial.

14 de xullo de 2016 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.