publicidade hoxe

Continúa a investigación para esclarecer o asasinato dun xoven en Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOrdesSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil continúa as pescudas para tratar de esclarecer a morte dun mozo de nacionalidade dominicana que foi localizado este domingo, cunha ferida de arma branca no colo, na localidade coruñesa de Ordes.

Segundo confirmaron fontes da investigación, polo momento non se produciron novidades na identificación do responsable ou responsables da morte e continúan abertas todas as hipóteses, entre elas que puidese tratarse dun axuste de contas.

O corpo do mozo, de 24 anos e residente na localidade, foi localizado na madrugada do domingo na rúa Compostela, unha vía próxima á zona de locais de ocio do Campo da Feira, por un grupo de mozos.

Ao lugar acudiu a Policía Local e a Policía Xudicial da Garda Civil, que iniciou unha investigación que, polo momento, non deu froitos. O cadáver do mozo presentaba unha coitelada na zona do colo.

18 de xullo de 2016 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.