publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Condenan a catro anos de prisión a un home por abusar de dúas nenas nun parque da Gudiña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GudiñaLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

A Audiencia Provincial de Ourense condenou a catro anos de prisión un home que abusou sexualmente de dúas nenas que se atopaban xogando nun parque da Gudiña.

Segundo recolle a sentenza, o home deberá cumprir dous anos de prisión por cada un dos delitos de abuso sexual e deberá permanecer afastado das súas vítimas durante cinco anos. Así mesmo, foi condenado a pagar unha indemnización por danos morais de 2.000 euros a unha das nenas.

O fallo considera probado que o home, de 57 anos e repartidor de profesión, parou a súa furgoneta en xuño de 2015 nun parque infantil da Gudiña e achegouse a dúas nenas de 9 e 10 anos que xogaban nel.

Tras entaboar conversación, o home comezou a facerlles preguntas “persoais” ás meores e pediulles que o acompañasen a “detrás da furgoneta”, onde, “con ánimo libidinoso”, lles realizou tocamentos e as bicou.

Minutos despois desta primeira agresión, o home volveu ao parque e pediu a unha das nenas que volvese con el a detrás do vehículo, onde o baixou lixeiramente o pantalón.

Na sentenza, a sala apunta a que, pola súa idade, as nenas non “tiñan capacidade” para outorgar un consentimento válido para estas prácticas”, que o home dispoñía dunha “situación obxectiva de superioridade” e que se “aproveitou” desta.

A maiores, dá credibilidade ao testemuño das vítimas, que vai “claro, reiterado e digno de crédito”, ao tempo que está “corroborado” por outros testemuños e polas probas periciais practicadas.

7 de xullo de 2016 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.