publicidade hoxe

Comezan as obras de reforzo do firme na LU-901 nas que investirá 480.000 euros coa fin de incrementar a súa seguridade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballedoLugo
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda inicia hoxe as obras de rehabilitación de firme na estrada LU-901, no Concello de Carballedo, coa fin de incrementar a súa seguridade.

A actuación centrarase no acondicionamento do pavimento no tramo comprendido entre o PK 9+860 e 17+420 na estrada LU-901. As obras consistirán no fresado e reforzo do firme nesta estrada e terán un prazo de execución de 6 meses e foron adxudicadas a Ovisa Pavimentos y Obras, S.L.U por un investimento de cerca de 480.000€.

Estes traballos, que comezarán esta semana, teñen como obxectivo a mellora desta vía, para acadar unha condución máis cómoda e segura.

A Consellería de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias.

Plan de Reforzos de Firme

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

Así, estes traballos forman parte do Plan de reforzos de firme co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda mellorará case 600 quilómetros de estradas de titularidade autonómica, a través dun investimento de máis 23 millons de euros.

5 de xullo de 2016 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.