publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cecilia Vázquez reúnese cos xóvenes que participan nos campamentos de Melide e Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelidePalas de Rei
A-
A+

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe aos mozos e mozas que participan nas actividades que se desenvolven nos campamentos Furelos de Melide e Os Chacotes de Palas de Rei, que forman parte da Campaña de Verán da Consellería de Política Social.

Ao longo deste verán no campamento de Melide terán lugar catro quendas da actividade Natureza do camiño, nas que participan en total 240 mozos e mozas de 12 a 17 anos. Os e as participantes contan con actividades de bicicleta, orientación, sendeirismo, tiro con arco, kaiak, biomergullo fluvial, longboard e xeocaptura.

O campamento de Palas de Rei tamén conta con catro quendas e 240 mozos e mozas en total. Neste caso, son dúas as actividades, Multiaventura nos Chacotes para mozos e mozas de 12 a 14 anos e Aventura-T para os de 14 a 16 anos. Os participantes teñen actividades de BTT, escalada en rocódromo, orientación, tiro con arco, kaiak, piscina e carreiras de orientación. Para os máis maiores engádese ademais o paintball.

No total galego, na Campaña de verán toman parte 9.046 mozos e mozas, un 6 % máis que no ano anterior. As actividades están dirixidas a persoas entre 9 e 30 anos, e están divididas en actividades específicas para os distintos grupos de idade.

O departamento autonómico inviste 2,6 millóns de euros na posta en marcha destas actividades, que permitirán a contratación dunhas 900 persoas entre monitores e directores de tempo libre.

Na programación inclúense: campamentos xuvenís para menores de 18 anos en Galicia e noutras comunidades autónomas; o uso en oferta concertada das instalacións xuvenís; as actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo en España e no estranxeiro; e accións de reencontro con mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior.

20 de xullo de 2016 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.