publicidade hoxe

Beatriz Mato reúnese co alcalde de Cerceda para tratar asuntos de interese para o concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerceda
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Cerceda. Foto: M. Fuentes

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Cerceda. Foto: M. Fuentes

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, reunise hoxe na Coruña co alcalde de Cerceda, José García, co obxectivo de abordar asuntos de interese para o concello.

Durante o encontro, a conselleira sinalou que estudará incluír en próximas planificacións un proxecto de saneamento para a localidade. Ademais de asuntos relacionados coa xestión da auga, Mato e o alcalde abordaron tamén as distintas actuacións de mellora que se están levando a cabo en Sogama, con especial atención á nova planta de compostaxe; así como tamén se comprometeron a manter novos contactos para avaliar posibles usos do lago de Meirama cando este pase a ser de dominio público.

8 de xullo de 2016 | 13:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.