publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Asínase o convenio que permitirá renovar a rede de abastecemento de auga potable á urbanización de río Covo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+
A conselleira de Medio Ambiente na reunión co alcalde de Cervo. Foto: X. Crespo

A conselleira de Medio Ambiente na reunión co alcalde de Cervo. Foto: X. Crespo

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, asinaron hoxe o convenio de colaboración que permitirá renovar a rede de abastecemento de auga potable á urbanización de río Covo.

O investimento aproximado previsto para estes traballos será duns 200.000 euros, que se distribuirán entre este ano e o próximo.

Na actualidade, os veciños da urbanización río Covo sofren constantes roturas polo envellecemento da rede. Esta situación está a provocar trastornos na vida, con frecuentes cortes de auga e problemas de presión. Por este motivo, o obxectivo fundamental desta actuación é renovar as redes de abastecemento para garantir un servizo de calidade aos habitantes da zona.

Ao remate da xuntanza, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destacou que a Xunta seguirá apostando pola máxima colaboración cos concellos galegos para a posta en marcha infraestruturas e servizos que melloren a calidade de vida dos cidadáns e cidadás.

20 de xullo de 2016 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.