publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As tormentas causan problemas de circulación e inundacións en varios concellos da provincia de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastroverdeGuitirizLugoMonterrosoO CorgoPalas de ReiPortada dereita
A-
A+
Europa Press

As tormentas rexistradas na tarde deste mércores en distintos puntos de Galicia, algunhas acompañadas de saraiba e vento, ocasionaron problemas de circulación e inundacións en varios concellos da provincia de Lugo.

Segundo os datos do CAE-112 Galicia, os concellos máis afectados por estas incidencias foron os de Palas de Rei, Guitiriz, Monterroso, O Corgo e Castroverde.

En concreto, unha forte granizada afectou á circulación da A-6 ao seu paso por Guitiriz, o que obrigou aos condutores a reducir considerablemente a velocidade e fixo necesaria a intervención dos Bombeiros de Vilalba.

Ademais, rexistráronse inundacións en vivendas e baixos en lugares como a Avenida de Santa Lucía de Monterroso, ou a parroquia de Parga de Guitiriz, onde se alagou un restaurante.

Finalmente, o 112 recibiu varias chamadas de veciños de Palas de Reis que informaban da caída de árbores, algúns deles entorpecendo a circulación, como na LU-231. Tamén en Palas de Rei, as choivas fixeron que se desbordase unha fosa de xurro no lugar de Santín, afectando a unha estrada municipal.

7 de xullo de 2016 | 10:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.