publicidade hoxe

Artesanía de Galicia participa en Azul de Portosín coa mostra Enredadas 2016 e unha minifeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioPorto do Son
A-
A+

A Consellería de Economía, Emprego e Industria colabora, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, no evento Azul de Portosín, que se celebra nesta localidade coruñesa mañá venres día 2 e o sábado 3 de xullo.

Así, dentro do programa de actividades está a exposición Enredadas 2016, aberta ao público en horario de 12:30 a 14:00 / 17:00 a 21:00 horas o sábado e de 12:00 a 14:00 /17:00 a 21:00 horas o domingo. Enredadas é un proxecto de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Consellería do Mar co que se pon en valor o traballo das redeiras galegas e o seu oficio, apoiando á diversificación da súa actividade profesional.

Ademais desta exposición, a MiniFeira de Artesanía de Galicia ofrécelles aos visitantes do evento Azul de Portosín a oportunidade de coñecer de preto as creacións dos artesáns Zimzelatum, de ourivería (Gondomar); Montse Betanzos, bixutaría (O Grove); Encoiros, coiro (Vigo); Artesaníaenplata, ourivería (Marín); Chueco, coiro (A Coruña) e Redeiras Illa da Estrela, Corme (A Coruña). O horario para visitar esta feira de artesanía é o sábado de 12:30 a 14:00 / 17:00 a 21:00 horas e o domingo de 12:00 a 14:00 /17:00 a 21:00 horas.

1 de xullo de 2016 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.