publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ángeles Vázquez felicita ao Concello da Laracha pola iniciativa dunha feira da horta e agricultura ecolóxica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+
Ángeles Vázquez na reunión co alcalde da Laracha

Ángeles Vázquez na reunión co alcalde da Laracha

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu ao alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, que lle presentou unha nova iniciativa que ten prevista o concello para o día 13 de agosto, unha feira de horta e agricultura ecolóxica da zona, en concreto da comarca de Bergantiños e dos municipios limítrofes da Coruña. A titular de Medio Rural felicitou ao goberno local pola iniciativa, que pon en valor os produtos da nosa terra e axuda a un sector como o da agricultura ecolóxica con cada vez máis adeptos en Galicia.

O concello da Laracha xa vén de celebrar este domingo a feira das cereixas, declarada festa de interese turístico de Galicia e que tivo un gran éxito de participación, algo polo que Ángeles Vázquez animou ao rexedor e ao seu equipo de goberno a seguir traballando nesa liña.

A conselleira ofreceu a colaboración do seu departamento no que puidese ser necesario de cara á posta en marcha da nova feira ou na súa difusión.

5 de xullo de 2016 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.