publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Activo un lume forestal rexistrado na parroquia de Torno, en Lobios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLobiosPortada dereitaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Torno. O lume iniciouse este mediodía ás 14:30 horas e segundo as primeiras estimacións provisionais afecta a unha superficie de máis de 20 hectáreas. No seu control están a traballar 3 axentes, 8 brigadas, 5 motobombas e 5 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

18 de xullo de 2016 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.