publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta reforza o servizo de axuda no fogar en Rodeiro e supera as 18.000 horas de atención ao ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRodeiro
A-
A+
Rey Varela na reunión co alcalde de Rodeiro

Rey Varela na reunión co alcalde de Rodeiro

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continúa a manter encontros periódicos cos rexedores e rexedoras de Galicia para avanzar, dende o consenso e a colaboración, nas liñas de actuación en materia social encamiñadas a atender ás persoas e familias máis vulnerables e que máis precisan da axuda das administracións públicas. Na xornada de hoxe Rey Varela entrevistouse no seu despacho de San Caetano co alcalde de Rodeiro, Luis López Diéguez, con quen abordou asuntos de índole social que afectan a esta localidade pontevedresa, entre outros a ampliación de beneficiarios do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

Neste sentido, o responsable da área social do Goberno galego informou do incremento, este mesmo ano, de 70 horas ao mes na prestación de SAF Dependencia para sumar un total de 18.072 horas anuais de servizo e acadar así unha cobertura de atención a persoas con autonomía limitada superior ao 91% neste municipio. “O obxectivo é conseguir todas as melloras posibles na calidade de vida das familias e das persoas dependentes, para o que continuamos a incorporar de maneira progresiva a máis persoas aos diferentes servizos que integran o sistema autonómico de atención”, indicou Rey Varela.

Como nos anteriores encontros que o titular da carteira autonómica de Política Social vén mantendo dende outubro do ano pasado cos alcaldes de Galicia, no que tivo lugar hoxe, o conselleiro e o primeiro edil de Rodeiro abordaron outros temas de índole social. Trátase de ir coordinando unha estratexia social a nivel autonómico e local que supoña unha mellor optimización e dinamización dos recursos dos que dispoñen as administracións coa finalidade de acadar todas as melloras posibles na calidade de vida dos galegos e galegas. Deste xeito, a Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de unir esforzos a prol dunha política social axeitada que se adapte ás necesidades actuais de cada municipio.

12 de xullo de 2016 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.