publicidade hoxe

A Xunta prepara a posta en funcionamento no verán do centro de día de A Pobra do Caramiñal que ofertará 40 prazas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do Caramiñal
A-
A+
Perfecto Rodríguez na visita ao centro na Pobra do Caramiñal

Perfecto Rodríguez na visita ao centro na Pobra do Caramiñal

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, ultima os preparativos para a posta en funcionamento –ao longo do verán- do centro de día de A Pobra do Caramiñal, que contará cunha capacidade máxima de 40 prazas.

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, o alcalde desa vila coruñesa, Xosé Lois Piñeiro, e responsables de COGAMI, empresa adxudicataria da xestión do centro, visitaron esta mañá o edificio onde se vai prestar este servizo de día aos maiores.

Como é habitual nestes casos, o centro de día de A Pobra, botará andar de xeito gradual, inicialmente con 20 prazas.

Logo do envío por parte do Goberno galego ao Concello pobrense do convenio de colaboración entre a Xunta e o consistorio para a xestión e financiamento do centro, agora só resta a aprobación dese documento por parte do pleno don Concello para poder iniciar xa o proceso de adxudicación de prazas.

Cando entre en funcionamento o centro de día de Redondela, a rede de centros de titularidade autonómica estará formada por un total de 56 (con capacidade para 2.184 usuarios). A oferta da Xunta de Galicia complétase con 6 fogares residenciais e 1 residencia (con capacidade para 170 usuarios) e 6 vivendas comunitarias (cun máximo de 96 persoas).

A Consellería de Política Social está a acometer ademais un plan de obras de mellora de instalacións e mobiliario en centros de maiores, no que inviste máis de 600.000 euros grazas ao cumprimento por parte da comunidade autónoma do obxectivo do déficit.

8 de xullo de 2016 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.