publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta porá en servizo este verán a ampliación do Fogar Residencial para Maiores de Melide

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelide
A-
A+
Perfecto Rodríguez na visita ao fogar residencial de Melide

Perfecto Rodríguez na visita ao fogar residencial de Melide

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, Perfecto Rodríguez Muíños, visitou esta mediodía coa alcaldesa de Melide, Dalia García Couso, o centro de día – residencia desa localidade, incluído na rede autonómica de centros de maiores e que conta tamén con vivenda comunitaria.

Despois de percorrer as instalacións coa rexedora, Rodríguez avanzou que a Consellería de Política Social do Goberno galego, a través do Consorcio, prevé poñer en servizo este verán, progresivamente, a ampliación do fogar residencial de Melide, no que a administración autonómica investiu máis de 325.000 euros entre obras e equipamento.

O centro de maiores de Melide conta na actualidade con 16 prazas de fogar residencial, 39 de centro de día e 24 de vivenda comunitaria. O xerente do Consorcio anunciou que, inicialmente, durante o mes de setembro, porán en servizo 14 novas prazas de fogar residencial, co que esa parte do centro pasaría a contar xa cun total de 30.

Cando se complete a posta en servizo do total da ampliación do fogar residencial de Melide, o incremento de prazas acadará as 33, e a capacidade máxima do fogar do centro será de 49.

21 de xullo de 2016 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.