publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta inicia as obras de reforzo do firme en varios treitos da estrada AC-413, AC-400 e AC-523, nos concellos de Cerceda e Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCercedaLocal PortadaOrdes
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda inicia hoxe as obras de rehabilitación de firme en treitos localizados da estrada AC-413 (pk entre 0+000 e 4+080), no Concello de Cerceda, coa fin de incrementar a súa seguridade.

Unha vez rematados estes traballos, proseguiranse as actuacións de reforzo de firme nas estadas AC-400(pk entre 14+810 e 18+360) e AC-523(pk entre 11+770 e 15+550), nos Concellos de Cerceda e Ordes. As obras consistirán no fresado e reforzo do firme nestas estradas e terán un prazo de execución de 6 meses.

Este paquete de obras de reforzo de firme en varios tramos destas vías autonómicas foi adxudicado a Explotacións Galegas, S.L por un importe de preto de 440.000 euros.

Estes traballos, que comezan hoxe, teñen como obxectivo a mellora desta vía, para acadar unha condución máis cómoda e segura.

Plan de Reforzos de Firme

Estas actuacións forman parte do Plan de reforzos de firme co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda mellorará case 600 quilómetros de estradas de titularidade autonómica, a través dun investimento de máis 23 millóns de euros.

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

A Consellería de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias.

11 de xullo de 2016 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.