publicidade hoxe

A Xunta inicia as obras das sendas na estrada OU-312 ao seu paso por Lobios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLobios
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), iniciará a execución das sendas na estrada OU-312, ao seu paso por este municipio ourensán. Así, a Xunta, mediante o impulso a estas actuacións, dálle cumprimento á solicitude realizada polo Concello de Lobios.

Actuarase executando dous treitos de beirarrúa na estrada OU-312:

-60 ml á entrada de Lobios, pola marxe dereita desde o punto no que finalizan as beirarrúas existentes (PK 0+970) ata as escaleiras de acceso ao lugar de “O Zapateiro” (0+910).
-245 ml á saída de Lobios, tamén pola marxe dereita da estrada, dende o PK 1+780 ata o 2+035, no que se atopa a Cruz Vermella.

Agárdase que as obras poidan estar rematadas a finais deste mesmo verán.

O Goberno galego, con este tipo de accións, busca resolver carencias nas infraestruturas dos concellos galegos, proporcionando unha rede viaria máis cómoda e segura e potenciando o desenvolvemento económico e social.

O Executivo autonómico está a traballar nunha materia prioritaria como é a seguridade viaria, apostando polo interior de Galicia, ao tentar mellorar os servizos e a calidade de vida de todos os galegos, independentemente do lugar onde vivan.

6 de xullo de 2016 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.