publicidade hoxe

A Xunta entrega tres motobombas para a loita contra os incendios forestais aos concellos de Ribeira, Noia e Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBandeNoiaRiveira
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participaron hoxe na entrega de tres motobombas para a loita contra os incendios forestais aos concellos de Ribeira, Noia e Bande. Ademais, neste mesmo acto tivo lugar a recepción, por parte da Xunta, de dous camións cisterna gran nodriza, que permitirán dispoñer en todo momento de abastecemento de auga nos lumes tanto urbanos como forestais.

As motobombas cedidas aos tres municipios sinalados súmanse as cincuenta e sete xa entregadas en marzo pasado –nun acto presidido polo titular da Xunta– a diferentes concellos de toda Galicia e aos propios servizos de extinción da Administración galega. De cara ao inmediato futuro, está prevista a compra doutras doce motobombas a finais deste ano e de doce máis a vindeira primavera.

Vehículos cisterna

Nesta mesma liña de actuación a Xunta adquiriu, no marco do Proxecto Europeo de Cooperación Transfronteiriza ARIEM112, dous vehículos cisterna gran nodriza que permiten transportar grandes cantidades de auga como apoio á intervención dos distintos servizos de emerxencia e protección civil e defensa do medio ambiente, para cubrir as necesidades de subministración de auga potable, así como o transvase de auga para o seu uso como tanque nodriza en extinción de incendios de certa magnitude e, en xeral para calquera situación onde se precise auga de alta presión.

Ditos vehículos foron adquiridos co fin de actuar principalmente nas zonas de Ourense e Pontevedra, limítrofes con Portugal, comprendidas no proxecto ARIEM112 e que a súa vez aparecen identificadas como zonas de alto risco potencial de incendios forestais (ZAR) no Plan Especial de Protección civil por Incendios Forestais en Galicia (Peifoga). A inversión destinada nestes vehículos é de 576.686 euros.

O obxectivo é poder dispoñer en todo momento de abastecemento de auga nos incendios, tanto urbanos como forestais. Estes camións autobombas nodriza, están compostos por unha cabeza tractora de gran potencia e unha cisterna de auga con capacidade para cerca de 30.000 litros de auga. A súa alta eficacia en incendios radica no equipo contraincendios que vai resgardado dentro dos seus compartimentos que permiten acceder facilmente á motobomba e ás conexións.

1 de xullo de 2016 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.