publicidade hoxe

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra destina 400.000 euros a Cerdedo, Meis, Nigrán e Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedoMeisNigránPontevedraTui
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra continúa aprobando os distintos investimentos recollidos no Plan Concellos 2016, destinado aos municipios con menos de 50.000 habitantes e para o que se destinan 47,5 millóns de €. Nesta ocasión, foron as vilas de Cerdedo, Meis, Nigrán e Tui as que recibiron preto de 400.000 €, 394.179,96 €, ao abeiro da liña 1, investimentos, do plan estrela do Goberno provincial. Nigrán acadou, ademais, o 100% do investimento ao abeiro das catro liñas do Plan Concellos, obtendo un investimento por parte da institución provincial de preto dun millón de euros.

Ata o momento, o Plan Concellos leva investidos dentro da súa liña 1 18.865.881,07 € nos concellos da provincia, o que supón un grao de execución ata o momento do 67,8% en canto a investimentos.

Os investimentos aprobados esta semana pola Xunta de Goberno son os seguintes: Cerdedo recibirá 88.045,93 € para a realización dun proxecto básico de muros de contención na Revolta, en Colexio e en Figueroa. No caso de Meis, trátase dunha axuda de 71.995 € co obxecto de habilitar un albergue para peregrinos e peregrinas. En canto a Nigrán, 159.794,32 € que se empregarán na pavimentación de varios viarios. E, por último, Tui obtén unha achega de 74.344,71 € destinados á demolición dun edificio da Avenida de Concordia.

Con estas novas achegas aprobadas pola Xunta de Goberno da Deputación, os graos de execución do Plan Concellos (na totalidade das súas catro liñas) nestas vilas sitúanse do seguinte xeito: Cerdedo o 76% (294.452,81 €), Meis o 57% (249.387,16 €), Nigrán o 100% (947.623,61 €) e Tui o 77% (734.121,46 €).

22 de xullo de 2016 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.