publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A nova senda que unirá Xornes con Buño e Canta La Rana mellorará a seguridade e a mobilidade nos concellos de Malpica e Ponteceso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaMalpica de BergantiñosPonteceso
A-
A+
Ethel Vázquez na presentación do proxecto

Ethel Vázquez na presentación do proxecto

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada polo alcalde de Malpica, Eduardo Parga, presentou hoxe o proxecto da nova senda que unirá Buño con Agualada e con Canta La Rana (AC-421 e AC-422), cuxas obras se comezarán a contratar neste mesmo ano, coa fin de mellorar a seguridade e mobilidade nos Concellos de Malpica e Ponteceso.

Vázquez Mourelle indicou que o seu departamento xa ten o proxecto redactado para a súa supervisión e contará coas achegas destes concellos, coa fin de ofrecer a solución que mellor se adapte ás necesidades de mobilidade dos veciños. Neste sentido, a Xunta tamén trasladou hoxe a información relativa a este proxecto ao Concello de Ponteceso.

Esta senda, entre Xornes, Buño e Canta La Rana, que terá 2 km de lonxitude, construirase pola marxe dereita de ambas as estradas e será de uso compartido, peonil e ciclista. A continuidade entre os dous treitos do itinerario quedará asegurada a través dun paso de peóns.

O investimento previsto pola Xunta para esta actuación ascende a preto de 638.000 euros.

A conselleira destacou que esta actuación permitirá que os veciños de Buño dispoñan dunha senda -segura, sostible e integrada na paisaxe- para facer os seus percorridos habituais, xa que o itinerario unirá os principais núcleos de poboación e os equipamentos.

Os veciños e usuarios destas novas infraestruturas poderán vir a pé ou en bici de modo seguro ata o campo de fútbol, ata o cemiterio ou ata este colexio Joaquín Rodríguez Otero. Polo tanto, a construción desta senda supón unha clara aposta da Xunta por incrementar a seguridade viaria e por mellorar a mobilidade nesta zona e responde ao obxectivo de fomentar modos de desprazamentos alternativos á utilización do vehículo particular, menos contaminantes e máis respectuosos co medio.

Cómpre lembrar que a actuación enmárcase no Plan de Sendas, que a Xunta está a desenvolver en sete comarcas galegas.

Este plan, nunha primeira fase e para esta comarca de Bergantiños, prevé a construción de 7 novas sendas, case 10 km de actuacións e un investimento que supera os 4 millóns de euros.

11 de xullo de 2016 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.