publicidade hoxe

A minirresidencia para dependencias destinadas á promoción da autonomía persoal de Paradela porase en marcha no 2017

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaParadela
A-
A+

A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos.

O responsable da área social continúa a manter encontros de traballos periódicos cos rexedores para establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia a través da optimización dos recursos locais e autonómicos. A Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro de traballo co alcalde do municipio lucense de Paradela, José Manuel Mato Díaz.

Na xuntanza ambos mandatarios intercambiaron opinións acerca do estado de execución da minirresidencia para dependencias destinadas á promoción da autonomía persoal do concello lugués. A obra estase a executar correctamente e dentro dos prazos previstos polo que estará rematada e posta en marcha no primeiro trimestre de 2017. O centro terá unha capacidade total para 24 prazas residenciais máis unha de enfermería, ampliable a 48 prazas e dúas de enfermería. O orzamento total da obra ascenderá ata os 1.632.947,39 euros.

Outro tema abordado na xuntanza foi a boa situación da ratio do Servizo de Axuda no Fogar que alcanza o 99,68% grazas ao mantemento das 8.988 de horas anuais para a prestación deste servizo que conta con 23 beneficiarios.

18 de xullo de 2016 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.