publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra achega 200.000 euiros a Nigrán para á creación de dous parques

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigránPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar dúas achegas por valor de 106.277,45 e 141.703,95 € ao concello de Nigrán destinados á creación do parque mestre Xosé Vázquez Grela e outro na rúa Ana Isabel Costas, en San Pedro. Estas dúas axudas, que suman a cantidade de 247.981,40 €, correspóndense á liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.

Esta actuación súmase ás xa aprobadas anteriormente polo Goberno provincial ao abeiro do Plan Concellos, que destinou 32.500,42 € na liña 1 á creación dun parque infantil de San Roque (Campos), subministrar o mobiliario urbano da Alameda de San Campio e crear un parque biosaudable en Chandebrito, así como 35.062,08 € na liña 3 para a celebración de diversas actividades (a Carreira Nigrán Área, “Illas Estelas”, guías por sendeiros, un programa municipal de canguros, os campamentos de verán, “Verán en Nigrán”, “Outono Cultural”, a II Trail e BTT Nigrán, o Campionato Mundial de Bolos, a Festa de San Félix, o Entroido, o Nadal Cultural e o Festival Nigrán Jazz – X Aniversario) e 213.215,31 €, finalmente, na liña 4 –emprego– para a contratación de 29 traballadoras e traballadores que están a traballar nos servizos municipais da vila.

No que levamos de 2016, o grao de adxudicación do Plan Concellos 2016 destinado a Nigrán sitúase no 55,8% do total, o que supón que neste momento o investimento na vila por parte do Goberno provincial ao abeiro desta iniciativa acada a cifra de 528.759,21 €.

4 de xullo de 2016 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.