publicidade hoxe

A Deputación de Lugo promociona a provincia co IV Rally Turístico Terras do Incio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLugoO Incio
A-
A+
Presentación do IV Rally Turístico Terras do Incio

Presentación do IV Rally Turístico Terras do Incio

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, a Alcaldesa do Incio, Laura Celeiro, e o organizador da proba, Andrés Castro, presentaron este venres na Praza de San Marcos o IV Rally Turístico Terras do Incio. Este evento celebrarase dende o 6 ao 10 de xullo. Partirá de Sober e transcorrerá polos municipios de Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, O Incio e Lugo, combinando visitas lúdicas, etnográficas, culturais… Participarán 25 vehículos clásicos de diferentes épocas. A Deputación colabora cunha achega económica de 2.500 euros. A Fundación TIC elaborará unha reportaxe para difundir nas redes sociais.

Vidal Baamonde subliñou que “esta iniciativa nace do cariño e do orgullo que Andrés Castro sente polo súa terra, pola provincia de Lugo e, concretamente, polo Incio, Concello do que emigrou. Pois coa realización desta proba quere ensinar a riqueza da súa provincia ao mundo. Este rally xa se converteu nun clásico na provincia que, ademais de servir para ensinar as riquezas gastronómicas, arquitectónicas, culturais, medio ambientais e paisaxísticas de Lugo, estimula a economía e potencia turísticamente a montaña lucense e a Ribeira Sacra”.

Laura Celeiro destacou que “este tipo de iniciativas serven para revitalizar a nosa Comarca e amosar as nosas riquezas turísticas. O Incio converterase por un día na capital dos coches clásicos e iso non pasa todos os días”.

Andrés Castro, organizador da proba, explicou que o obxectivo deste evento é promocionar diversas rutas de Lugo e amosar ao visitantes os tesouros que esconde a provincia. Este roteiro compaxinase con actividades complementarias, como visitas lúdicas, culturais ou etnolóxicas pola provincia. Nas edicións anteriores, os participantes visitaron Pedrafita do Cebreiro, Samos, San Paio de Narla, Tor e ata a Mariña Lucense.

25 coches clásicos

Castro sinalou que este Rally é un escaparate exclusivo de coches clásicos xa que nel “participan os modelos máis exclusivos de España que son auténticas xoias. Os amantes deste tipo de coches teñen unha oportunidade única para velos e desfrutar deles”. Serán 25 coches clásicos, entre os que destacan un modelo Maseratti Vignale, valorado nun millón de euros, un Morgan, un Jaguar 120XK, un Mustang do ano 1964, un Rolls Royce-Corniche, un Aston Martin DB6 e un Mercedes 190 SL, entre outros.

Programa

Este evento automobilístico comezará o día 6 de xullo en terras de León, concretamente no municipio de Astorga, onde realizarán unha visita guiada ao Museo do chocolate. O día 7, os participantes percorreran Ponferrada, as Medulas, o Bolo e visitarán o Santuario das Ermidas e o Barco de Vadeorras. O día 8 chegarán a terras luguesas, a Sober. Alí coñeceran a oleiria de Gundivós e o Mirador de Cadeiras. O 9 de xullo sairán cara a Monforte de Lemos para ver o Museo do Ferrocarril e logo irán á Pobra do Brollón, onde coñecerán as bodegas de Vilachá. No Incio, percorrerán o Pantano de Vila Souto ata chegar a Lugo, que xa será a fin da viaxe e onde desfrutarán das rutas fluviais, da Muralla ou da gastronomía.

4 de xullo de 2016 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.