publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería do Mar instala control de accesos e vixilancia presencial nos portos comerciais autonómicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalBurelaCariñoCeeLaxeLocal PortadaRibadeoRiveiraViveiro
A-
A+

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, ten instalado o control de accesos e sistemas de vixilancia, mecánica e presencial, nos portos comerciais de Ribadeo, Viveiro-Celeiro, Burela, Cariño, Laxe, Brens-Cee, Ribeira e a Pobra do Caramiñal. O presidente do organismo portuario visitou esta mañá este último para dar conta da actuación executada polo seu departamento e comprobar o sistema de peche na dársena comercial pobrense.

Durante os últimos meses, Portos levou a cabo a instalación de peches e sistemas de control destes peiraos seguindo a normativa do código internacional de seguridade para a Protección dos Buques e Instalacións Portuarias (PBIP). Esta actuación inclúe tamén a dotación de persoal de vixilancia durante as tarefas de carga e descarga dos buques.

Con esta finalidade, foi necesaria a instalación de novas casetas para os vixilantes así como modificacións e adaptacións nos sistemas de control de accesos existentes ata o momento. En concreto, instaláronse casetas de formigón con dotación de abastecemento e saneamento e puxéronse en funcionamento barreiras e pilonas de control de accesos.

Durán Hermida explicou que a Consellería do Mar investiu 240.000 euros nesta dotación que se atopa xa en funcionamento. Así mesmo, lembrou que o código PBIP foi implantado nos peiraos comerciais internacionais a raíz dos atentados do 11 de setembro en Estados Unidos e recolle para as dársenas ás que afecta unha serie de instrucións de seguridade tanto administrativas como operativas de obrigado cumprimento. A esta normativa da Organización Marítima Internacional (OMI) sumouse posteriormente a da Unión Europea, que mellora a protección dos portos e o transporte marítimo, tanto de mercadorías como de pasaxeiros.

5 de xullo de 2016 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.