publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería do Mar destina 100.000 euros para a mellora das instalacións portuarias de Noia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNoia
A-
A+

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, destinará 100.000 euros á mellora das instalacións portuarias do municipio coruñés de Noia. Así o trasladou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita á zona.

Durán Hermida explicou que Portos está a executar a reparación dos pantaláns e o dique aboiante do peirao de Testal. En concreto as obras consisten na reposición dos elementos de fixación e suxeición da estrutura e a reparación de 16 fingers. Así mesmo estanse a reconstruír as unións entre módulos de formigón e a retirada dos elementos danados.

En canto ao dique flotante os traballos consisten na reparación dos pilotes danados polo efecto do mar; a reparación e reconstrución das unións entre módulos e a reposición das anelas e pezas situadas nos extremos dos módulos. Estes traballos contan cun investimento de 58.000 euros e a súa finalización está prevista para o vindeiro mes de agosto.

Durante a súa visita, o presidente de Portos indicou tamén que se están a tramitar as obras de pavimentación do vial de acceso á zona portuaria de Noia. Os traballos consistirán no fresado do pavimento existente e colocación dun novo de 6 centímetros de espesor, así como o repintado da sinalización horizontal. Esta obra conta cun orzamento estimado de 60.000 euros e un prazo de execución previsto dun mes.

13 de xullo de 2016 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.