publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería de Medio Ambiente destinará 800.000 euros a dotar dunha nova rede de abastecemento ás parroquias de Moar e Añá, en Frades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Frades

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Frades

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá uns 800.000 euros -cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e distribuídos entre este ano e o 2018- en dotar dunha rede de abastecemento ás parroquias de Moar e Añá, pertencentes ao concello de Frades.

Así se recolle no convenio asinado hoxe en Santiago entre a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Roberto Rey.

Actualmente os habitantes dos núcleos de Moar e Santa María de Añá abastécense de traídas particulares, pozos e outros métodos. O obxectivo destas obras é dotar dunha rede primaria de abastecemento de auga ao núcleo de Moar, e executar pequenos ramais secundarios que abastezan ás vivendas da zona que non dispoñen de conexión a dita rede.

Segundo destacou Mato, este tipo de colaboracións garanten a subministración de auga en calidade e cantidade á cidadanía e dan cumprimento á Directiva Marco da Auga; axúdase ás entidades locais a mellorar a rede de abastecemento secundaria; e garántese o abastecemento e regulación dos recursos hídricos en calidade e cantidade coa realización das obras de infraestrutura necesaria, velando así mesmo polo seu consumo responsable e fomentado o seu aforro.

20 de xullo de 2016 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.