publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A consellería de Medio Ambiente completará o sistema de abastecemento público de Cospeito cun investimento de 800.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+
Beatriz Mato asina convenio de colaboración co Concello de Cospeito

Beatriz Mato asina convenio de colaboración co Concello de Cospeito

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio completará o sistema de abastecemento público de Cospeito a través dun investimento de 800.000 euros, tal e como se recolle no convenio de colaboración que asinaron hoxe a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Armando Castosa.

O orzamento, que se estenderá ata 2019, estará cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

En concreto, os traballos centraranse en incrementar as redes de subministro e en interconectar as distintas partes do sistema xa existentes, co obxectivo último de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, para que conten con auga en cantidade e calidade suficiente.

Segundo destacou Mato, este tipo de colaboracións entre a administración autonómica e a local garanten a subministración de auga en calidade e cantidade á cidadanía e dan cumprimento á Directiva Marco da Auga; axúdase ás entidades locais a mellorar a rede de abastecemento secundaria; e garántese o abastecemento e regulación dos recursos hídricos en calidade e cantidade coa realización das obras de infraestrutura necesaria, velando así mesmo polo seu consumo responsable e fomentado o seu aforro.

26 de xullo de 2016 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.