publicidade hoxe

A consellería de Educación investirá 500.000 euros en obras en centros educativos de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+
Román Rodríguez na visita ás instalacións do centro educativo

Román Rodríguez na visita ás instalacións do centro educativo

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou hoxe os CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao e Campomaior, ambos na localidade coruñesa de Ordes, un concello no que o departamento educativo da Xunta de Galicia investirá este verán máis de 500.000 euros destinados a obras de mellora en centros educativos.

Segundo explicou o conselleiro a actuación de maior envergadura será a que se vai acometer no CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao, unha intervención integral para a mellora da eficiencia enerxética neste centro. Trátase, fundamentalmente, de melloras en diferentes sistemas construtivos do edificio. Así, mudaranse as fiestras por novas carpinterías de aluminio con rotura de ponte térmica e instalaranse persianas con illamento térmico interior; instalaranse novos falsos teitos; e mellorarase o illamento tanto da cuberta como da fachada. Así mesmo renovarase a pintura interior do CEIP e a iluminación do centro para acadar un consumo menor e máis eficiente da enerxía, e. Ademais, disporanse equipos de regulación multisensor, que regulan de forma gradual o fluxo das luminarias cando o nivel de iluminación, sumándolle a achega da luz natural, sexa superior ao necesario.

Ademais, realizaranse obras no peche exterior e de reforma da instalación eléctrica deste centro, que elevarán o investimento no mesmo a máis de 475.000 euros.

Compromiso coa comunidade educativa

Segundo explicou Román Rodríguez, a Consellería realizará tamén melloras puntuais en outros centros desta localidade, tales como a reforma da instalación eléctrica dos CEIP Campomaior e do Mesón do Vento ou a instalación dun ascensor no IES nº 1.

Estas intervencións dan conta do compromiso do departamento de Educación da Xunta de Galicia co benestar da comunidade escolar. Neste sentido cómpre lembrar que a Consellería planifica as obras de mellora en base a criterios estritamente de carácter técnico.

Deste xeito, tan só na área de Santiago o orzamento para melloras derivado do Plan da Consellería de Dotación de Infraestruturas Educativas 2016-2020 e dos recursos obtidos a través do Fondo de Superávit de Responsabilidade (co que o Goberno central recompensa a Galicia por ter cumprido o obxectivo de déficit), ascende este ano a máis de 4,5 de euros. No conxunto de Galicia o investimento ascende a máis de 39,7 millóns de euros, cos que se realizarán 683 actuacións en 527 centros de ensino de 219 concellos de toda a xeografía galega.

19 de xullo de 2016 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.