publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería de Educación iniciará este outono as obras do novo CEIP de Culleredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+
Europa Press
Román Rodríguez na visita á parcela. Foto: M. Fuentes

Román Rodríguez na visita á parcela. Foto: M. Fuentes

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou hoxe a parcela onde se situará o novo CEIP de Culleredo, cuxas obras de construción comezarán este outono.

A Consellería vén de licitar as obras do centro por un importe de 4,5 millóns de euros e un prazo de execución estimado de 18 meses, polo que, tal como sinalou o conselleiro, este novo centro de Infantil e Primaria estará operativo no curso 17-18.

O novo colexio, con capacidade para 450 alumnos, ocupará unha superficie total construída duns 3.340 metros cadrados e contará con 18 unidades, biblioteca, ximnasio, vestiarios, zona de administración e instalacións e espazos complementarios.

Román Rodríguez lembrou que este será o quinto CEIP no Concello de Culleredo, e a segunda infraestrutura escolar totalmente nova que se constrúe coa entrada en funcionamento do novo IES este mesmo ano.

O conselleiro subliñou que, á hora da planificación de obras, o seu departamento actúa con criterios estritamente de carácter técnico. Foron precisamente eses criterios -baseados na evolución demográfica deste Concello cun incremento continuado de matrícula- as que xustifican a necesidade de dotar a Culleredo dun novo CEIP.

De feito, dentro do Plan da Consellería de Dotación de Infraestruturas Educativas 2016-2020 e dos recursos obtidos a través do Fondo de Superávit de Responsabilidade (co que o Goberno central recompensa a Galicia por ter cumprido o obxectivo de déficit), tan só para este ano están orzados preto de un millón de euros para acometer obras nos centros de Culleredo.

Na visita de hoxe estiveron tamén presentes o secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén, e mais o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán.

18 de xullo de 2016 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.