publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xunta e o Consello Regulador do Ribeiro reforzan a súa colaboración na promoción e o control da calidade deste viño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLeiro
A-
A+
Belén do Campo na reunión con representantes do Consello Regulador do Ribeiro

Belén do Campo na reunión con representantes do Consello Regulador do Ribeiro

A Xunta reforzará a súa colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro nos ámbitos da promoción e o control da calidade dos viños desta DO. Así o acordaron a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e o presidente deste Consello, Felicísimo Pereira, nunha xuntanza de traballo mantida en Santiago na que tamén participou a nova xerente desta entidade, Cristina Alcalá.

Este encontro serviu de presentación dos novos responsables do Consello Regulador diante deste departamento da Xunta, que coordina o labor de posta en valor das producións agroalimentarias de calidade. O presidente da DO Ribeiro trasladou á directora os seus plans de traballo de cara ao futuro e amosou a súa disposición a seguir colaborando coa Administración autonómica neste eido.

A reunión serviu tamén para avanzar na colaboración entre a Xunta e o Consello Regulador de cara á organización e desenvolvemento da gala dos premios do Ribeiro, que terá lugar o vindeiro 29 de xuño en Leiro (Ourense).

17 de xuño de 2016 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.