publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Varios vehículos implicados nun accidente sen feridos en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoañaOleirosSantiago de CompostelaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha colisión por alcance entre un turismo e un camión provocou que outros dous vehículos colisionasen entre eles a primeira hora deste luns na cidade de Santiago de Compostela, un sinistro que, non obstante, non produciu ferido.

Segundo a información do CAE 112-Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 6,15 horas no quilómetro 2 da AG-56, en Santiago. Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos de Protección Civil e da Garda Civil, así como mantemento de estradas.

Por outra banda, unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado sobre as 20,30 horas deste domingo no lugar de Montrove, en Oleiros (A Coruña). No sinistro estiveron implicados tres vehículos.

Finalmente, dúas mulleres resultaron feridas pasadas as 21,00 horas do domingo tras ser atropeladas na Avida Fragata Vila de Madrid, en Moaña (Pontevedra).

20 de xuño de 2016 | 10:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.