publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un peón de 75 anos falece en Cea ao ser atropelado

Europa Press

Un peón de 75 anos de idade faleceu este mércores en San Cristovo de Cea (Ourense) ao ser atropelado por un vehículo que se atopaba manobrando. Segundo informou o 061 e o CAE-112, o sinistro tivo lugar ás 11,45 horas no lugar de O Tellado, no municipio ourensán de Cea, cando o vehículo, que se atopaba dando marcha atrás, atropelou ao ancián.

Até o lugar desprazáronse efectivos de Protección Civil do Carballiño con medios de excarceración, xa que a vítima quedara atrapada e foi necesario liberala.

Así mesmo, tamén acudiron membros da Garda Civil de Tráfico, unha ambulancia asistencial, o helicóptero medicalizado do 061 e persoal sanitario do Centro de Saúde desa localidade, aínda que só puideron certificar a morte do home, de iniciais M.D.G..

1 de xuño de 2016 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.